Publicidad

Publicidad

Xoves: 21 / 09 / 2017

Español  |   Català   |   Euskara   |  Galego  |   Português  |   Brasileiro   |   العربيي   |   中文   |   Deutsch   |  English   |   Français   |   Italiano   |   日本語   |   Русский

INICIO | PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES | CONTACTO | ACCESO RESTRINXIDO A UNIVERSIDADES DO PROXECTO





BENVIDOS A OCW UNIVERSIA

OpenCourseWare (OCW) é un exemplo das iniciativas que nos últimos tempos emerxeron para promover o acceso libre e sen restricións ao coñecemento.

En abril de 2001, o Instituto tecnolóxico de Massachusetts (MIT) lanzou a iniciativa OCW-MIT, a través da que se ofrece en aberto o material docente que os seus profesores utilizan nos ensinos, xunto cunha guía de estudo.

Esta iniciativa tivo un grande impacto e impulsou a outras universidades de prestixio internacional a adherirse, o que xerou proxectos propios en coordinación con OCW-MIT.

Universia comprometeuse desde o principio con este proxecto, ao promover o consorcio OCW Universia e ao establecer un acordo de colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid, para impulsar conxuntamente o seu desenvolvemento.