OS CONCEPTOS OPENCOURSEWARE E OCW SITE
O concepto OpenCourseWare
OpenCourseWare (OCW) é unha iniciativa editorial electrónica a grande escala, posta en marcha en abril de 2001, baseada en internet e fundada conxuntamente polo Instituto tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en colaboración coa Fundación William and Flora Hewlett e a Fundación Andrew W. Mellon.
O seu obxectivo inicial é:
1. Proporcionar un acceso libre, sinxelo e coherente aos materiais docentes para educadores do sector non lucrativo, estudantes e autodidactas de todo o mundo.
O éxito acadado fixo posible un segundo obxectivo:
2. Crear un movemento flexible baseado nun modelo eficaz que outras universidades poidan emular á hora de publicar os seus propios materiais pedagóxicos, de modo que se creen sinerxias e espazos de colaboración.
¿Que é un OCW site?
Un espazo web que contén materiais docentes creados por profesores para a formación superior.
Estes materiais representan un conxunto de recursos (documentos, programa, calendario…) utilizados no proceso de ensino-aprendizaxe das materias que imparten os profesores.
Ofrécense libremente e son accesibles universalmente na rede.
A súa difusión non está limitada por cuestións relativas á propiedade intelectual.
Permítese o uso, a reutilización, a adaptación e a distribución por outros, con certas restricións.
¿Que NON é un OCW site?
NON é un servizo de educación a distancia e, polo tanto, non autoriza nin abre a posibilidade de acceder a través dos contidos aos profesores/autores destes nin da dereitos a reclamar calquera acreditación ou recoñecemento por parte da Institución.
Un OCW site polo tanto non dispoñerá de foros, correo ou outros medios de interacción entre o profesor e o alumno.
Materiais depositados nun OCW site
Propóñense dous niveis de reutilización:
a) Estruturados e combinados, compoñen unha proposta de estudo no contexto dunha materia completa. Por este motivo, proponse incorporar non só os documentos de estudo, senón o conxunto de materiais que un profesor ou alumno utiliza para cursar unha materia: Programa, calendario, guía docente, proposta de actividades…
b) Illadamente, a cada documento de estudo incorpóranselle metadatos e empaquétase en “obxecto de aprendizaxe” co obxectivo de formar parte doutras “Bibliotecas dixitais” e reutilizarse noutros contextos.
Algúns exemplos de materias:
Materia 6061 - 6063
Electrónica numérica
Teoría de guía de ondas e circuítos


