CONSORCIO UNIVERSITARIO SOBRE O PROXECTO OCW UNIVERSIA
Condicións para participar no Proxecto OCW:
- Ser unha institución debidamente acreditada.
- Publicar os materiais docentes estruturados por materias. O mínimo esixido é de 10 materias.
- Comprometerse a desenvolver «propostas» e compartir «boas prácticas» que promovan proxectos «similares» en calidade, estrutura, vocabulario...
- Manter un OCW-site que cumpra as condicións establecidas:
- Ofrecer e publicar os materiais de balde e sen fins comerciais.
- Os materiais deben estar «limpos» no referente á propiedade intelectual.
- Publicar os materiais no OCW-site implica autorizar o seu uso, reutilización/adaptación, tradución e redistribución a terceiras persoas.
- O OCW site debe ser universalmente accesible vía internet.
- Adherirse ao Proxecto.


