OS ASPECTOS XURÍDICOS. A LICENZA CREATIVE COMMONS
Os materiais que dispoña e publique unha Institución que se constitúe nun OCW site deben estar baixo licenza Creative Commons.
Propiedade intelectual
Os materiais baixo unha licenza Creative Commons cédense aos usuarios para:
- O uso, a reutilización, a tradución e a adaptación a outros contextos.
Os usuarios comprométense a:
- Utilizalos sen fins comerciais.
- Recoñecer a Institución que o publica orixinalmente e, se procede, o autor.
- O material resultante tras o seu uso debe ser de libre utilización por terceiras persoas, e está suxeito a estes mesmos requisitos.
Outros aspectos xurídicos en relación entre o profesor e a Universidade/OCW site:
- O autor cede dereitos de uso.
- Asume a propiedade intelectual ou respecta as condicións de uso establecidas polos propietarios.
- A Universidade/OCW site asume a súa utilización de conformidade cuns principios de respecto ao autor e á súa obra.



