Publicidad

Publicidad

Xoves: 21 / 09 / 2017

Español  |   Català   |   Euskara   |  Galego  |   Português  |   Brasileiro   |   العربيي   |   中文   |   Deutsch   |  English   |   Français   |   Italiano   |   日本語   |   Русский

INICIO | PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES | CONTACTO | ACCESO RESTRINXIDO A UNIVERSIDADES DO PROXECTO






1. ¿En que se diferencian OpenCourseWare e a educación a distancia?

2. ¿Que tipo de materiais se publican en OpenCourseWare?

3. ¿A que dereitos de propiedade intelectual están suxeitos os materiais?

4. ¿A que obriga a utilización dos materiais de OpenCourseWare?

5. ¿De que depende o custo de implantación dun servizo OpenCourseWare para unha institución?

 

1. ¿En que se diferencian OpenCourseWare e a educación a distancia?

OpenCourseWare limítase a ofrecer un acceso libre e gratuíto a un conxunto de materiais educativos. Non require ningún proceso de matriculación nin, por conseguinte, ningún pagamento por prestación do servizo.

Mentres que a educación a distancia constitúe un sistema de estudo facilitado por institucións para os seus alumnos co obxectivo de que obteñan unha certificación, OpenCourseWare é un mero sistema de consulta de contidos pedagóxicos.

subir

2. ¿Que tipo de materiais se publican en OpenCourseWare?

  • Planificación de cursos: programas, temarios, obxectivos pedagóxicos, calendarios, etc.
  • Contidos: bibliografía, documentos, material audiovisual, material auxiliar, etc.
  • Actividades pedagóxicas: exercicios, tests, proxectos, prácticas de laboratorio, etc.

subir

3. ¿A que dereitos de propiedade intelectual están suxeitos os materiais?

Os materiais publicados en OpenCourseWare deben estar libres de dereitos de propiedade intelectual. Isto significa que o editor dos contidos posúe e cede estes dereitos, ou que os adquiriu mediante unha licenza que permita a súa libre disposición en OpenCourseWare. Ningún contido dos materiais publicados pode infrinxir o copyright de terceiros. O editor dos materiais pode reservarse o dereito de publicalos mediante outros medios.

subir

4. ¿A que obriga a utilización dos materiais de OpenCourseWare?

Calquera persoa pode utilizar os materiais no seu formato orixinal ou modificalos para axustalos ás súas necesidades. Esta utilización está suxeita aos seguintes requisitos:

  • Non pode ter fins comerciais.
  • Debe incluír unha referencia á institución que o publica orixinalmente e, se procede, o nome do autor.
  • O material resultante tras o seu uso debe ser de libre utilización por terceiras persoas e estará suxeito a estes mesmos requisitos.

subir

5. ¿De que depende o custo de implantación dun servizo OpenCourseWare para unha institución?

  • Da dispoñibilidade de materiais en formato dixital preparados para a súa distribución a través de internet.
  • Da situación en materia de dereitos de propiedade intelectual dos contidos e, polo tanto, da dedicación prevista para as tarefas de «limpeza».
  • Da dispoñibilidade dun servizo editorial cunhas publicacións que poidan destinarse ao servizo OpenCourseWare.
  • Do custo da infraestrutura técnica necesaria para implantar a plataforma de consulta de materiais e a plataforma de xestión de contidos.

subir