Publicidad

Publicidad

Luns: 20 / 11 / 2017

Español  |   Català   |   Euskara   |  Galego  |   Português  |   Brasileiro   |   العربيي   |   中文   |   Deutsch   |  English   |   Français   |   Italiano   |   日本語   |   Русский

INICIO | PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES | CONTACTO | ACCESO RESTRINXIDO A UNIVERSIDADES DO PROXECTO





O XESTOR DE CONTIDOS


O proxecto OCW Universia presta asistencia técnica ás institucións integrantes para a posta en marcha da plataforma de xestión e publicación das súas materias, que constitúe o OCW site de cada Universidade.

Esta asistencia consiste fundamentalmente na posta a disposición dos departamentos técnicos dun completo sistema xestor de contidos baseado en eduCommons, un proxecto Open Source desenvolto por The Center for Open and Sustainable Learning da Utah State University especificamente para a creación de proxectos OCW.

As principais características do sistema xestor de contidos son:

  • Proceso claro e simple para a creación de categorías e cursos e para a adición de materiais.
  • Incorporación de metadatos no proceso de catalogación e nos formatos de almacenaxe e de publicación.
  • Posibilidade de estruturación flexible de contidos.
  • Completo soporte de edición de HTML.
  • Posibilidade de alta de contidos mediante importación dun arquivo comprimido «.zip».
  • Completa xestión de metadatos e de exportación e importación en formatos estándar:
    • Especificación baseada nos estándares IEEE 1484.12.1-2002 Learning Object Metadata Standard (IEEE LOM) e ISO 15836 Dublin Core Metadata (Dublin Core).
    • Importación/exportación de cursos e materiais en paquetes IMS.
    • Posibilidade de acceso a contidos mediante fontes RSS.
  • Xestión completa de fluxo de traballo, mediante roles e estados.
  • Incorporación de mecanismos de xestión de propiedade intelectual e de licenzas de utilización.
  • Facilidade de implantación e de personalización, en concreto, á imaxe institucional de cada Universidade.

Así mesmo, facilítase un conxunto de manuais de utilización e de administración, un paquete estándar para a importación do patrón de materia e un soporte técnico on-line.