Publicidad

Publicidad

Mércores: 22 / 11 / 2017

Español  |   Català   |   Euskara   |  Galego  |   Português  |   Brasileiro   |   العربيي   |   中文   |   Deutsch   |  English   |   Français   |   Italiano   |   日本語   |   Русский

INICIO | PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES | CONTACTO | ACCESO RESTRINXIDO A UNIVERSIDADES DO PROXECTO





AS OFICINAS OCW NOS OCW SITES

A experiencia mostra que as Oficinas OCW constitúen un soporte preciso para as Institucións interesadas en promover un OCW site.

Os servizos que ofrece a Oficina son de varios tipos: docentes, técnicos, xurídicos e biblioteca.


Funcións asociadas á oficina OCW:

1)  Fomentar a participación dos profesores e proporcionarlles a información, formación e asesoramento precisos.
2)  Adaptar o modelo OCW ás características da Universidade e ás formulacións do proxecto OCW-Universia.
3)  Asesorar xuridicamente á Universidade e os profesores, e establecer un protocolo xurídico de participación que ofreza garantías a todas as partes.
4)  Colaborar na limpeza da propiedade intelectual dos contidos e, no seu caso, buscar ou xerar recursos alternativos.
5)  Velar pola calidade dos contidos e fomentar a súa permanente mellora.
6)  Proporcionar medios técnicos para adaptar os contidos á súa difusión por internet: uso do xestor de contidos, elaboración de material multimedia, gravación de vídeos…
7)  Buscar solucións efectivas que simplifiquen a incorporación de contidos educativos á rede en diferentes medios e con distintos obxectivos.
8)  Manter o OCW site da Universidade.
9)  Coordinarse con outras OCW sites nacionais e estranxeiras.
10) Elaborar informes e propoñer melloras aos órganos de Goberno da Universidade.