PROCEDEMENTOS PARA ADHERIRSE AO PROXECTO
A adhesión ao Consorcio OCW (OCWC) consiste na firma por parte da Universidade dun Memorando de Cooperación, mediante o cal se mostra a vontade de:
- Desenvolver o OCW site da Universidade, no que se publique un mínimo de 10 materias baixo os principios do Consorcio.
- Colaborar e promover un proxecto común para ofrecer aos usuarios un medio similar e formar un espazo común entre todos os membros.
OCW Universia está formado polo conxunto de Universidades españolas, portuguesas e latinoamericanas que optaron por adherirse ao OCW e, á súa vez, agruparse baixo a afinidade cultural e xeográfica do espazo iberoamericano. Obtén, desta forma, unha representación máis acreditada no Consorcio mundial.
Para adherirse ao OCWC e ao OCW Universia, cubra e firme o Memorando de Cooperación e o formulario de comunicación de datos de contacto e envíeos ao seguinte enderezo:
Oficina OCW Universia
Avda. de Cantabria s/n - Edif. Arrecife, planta 00
28660 Boadilla del Monte - Madrid. España.
Unha vez recibida a adhesión, enviaráselle unha clave de acceso á área restrinxida onde atopará información e axuda para poñer en marcha o seu proxecto OCW.
Se desexa máis información, envíe un correo electrónico directamente a: ocw-universia[arroba]upm[punto]es
