ALGUNHAS RAZÓNS PARA DECIDIR INCORPORARSE AO OCW
Vantaxes e inconvenientes
De carácter xeral:
Postura institucional ante un fenómeno de impacto mundial.
Algúns beneficios:
- Avance do coñecemento ao liberar recursos didácticos e difundir os mecanismos de localización.
- Estimula a innovación e o perfeccionamento dos recursos docentes utilizados polos profesores.
- Favorece o achegamento dos profesores ás TIC.
- Oportunidade para abordar a «orde» da propiedade intelectual e o recoñecemento da autoría.
- Maior proxección da misión da Institución.
Algúns inconvenientes:
- Obriga o profesor a revisar o seu material docente e estruturalo de acordo co OCW.
- Incremento do custo polo apoio a profesores e prestación de novos servizos.
- Limitación do uso exclusivo ou con fins comerciais do material docente.
- Posible duplicidade na xestión de recursos ao atender dous escenarios diferentes.
Novas formas de avaliar o valor curricular do material docente xerado.
¿Que proporciona pertencer ao Consorcio OCW?
Para que resulte beneficioso, débese valorar:
- A integración no Plan estratéxico.
- A súa flexibilidade e adaptabilidade á Institución.
- Compártense axudas, recursos, experiencias, boas prácticas…
- Amplíase a repercusión e o alcance do traballo.
- As institucións que forman o Consorcio reforzan a imaxe da propia Institución.
